Luis Piedrahita ofrecerá un monólogo en Burela o día 28

Xa están á venda as entradas para o espectáculo do cómico coruñés, o plato forte da programación cultural de setembro do Concello

Luis Piedrahita. AXM

O cómico Luís Piedrahita será o protagonista da programación cultural  de setembro do Concello de Burela. O monologuista coruñés actuará o día 28 no auditorio municipal, ás 21.00 horas.

O humorista presentará o seu espectáculo ‘Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas‘. Os interesados en mercar a súa entrada poden facelo en ataquilla.com ou na billeteira do auditorio o mesmo día da actuación. O concelleiro de cultura, José Díaz, subliña que “estamos diante doutro evento cultural do máis de alto nivel en Burela”.

RASTRO

Antes, o vindeiro domingo, día 9, celebrarase o rastro solidario popular. Será na praza da Mariña de 10.00 a 15.00 horas. No mesmo lugar, pero o sábado 15, haberá unha exhibición de zumba na que participará o Ximnasio Breogán. Comezará ás 20.30 horas. 

CINE INFANTIL

Os domingos 16 e 23 haberá cine infantil no auditorio municipal. A entrada será de balde e a proxección comezará ás 18.30 horas.

Finalmente, o día 29 presentarase o espectáculo familiar A casa do terror. Será no auditorio municipal ás 19.30 horas, con entrada de balde. Esta representación inclúese no programa FalaRedesO Concello contou coa colaboración da Xunta de Galicia, AGADIC e a Rede Galega de Teatros e Auditorios para levar adiante esta axenda cultural.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here