Confirmadas as primeiras bandas do Resu 2019, do 3 ao 6 de xullo

Parkway Drive, Trivium, Testament, Kvelertak e While She Sleeps son os primeiros grupos anunciados

Concerto da pasada edición. RESURRECTION FEST

O Resurrection Fest anunciou datas e tamén as primeiras bandas que actuarán na edición décimo cuarta, no 2019. O festival de rock duro celebrarase entre os días 3 e 6 de xullo.

A organización confirmou concertos de Parkway Drive, Trivium, Testament, Kvelertak e While She Sleeps.

Parkway Drive, banda australiana de metalcore, ofrecerá a súa única actuación en España e Portugal na xira 2019-2020.

O grupo estadounidense de heavy metal Trivium e a formación británica While She Sleeps tamén ofrecerán en Celeiro o seu único recital en España no vindeiro ano.

Kvelertak procede de Noruega e non puido actuar no Resurrection no 2011, mentres que a banda californina Testament repite no festival, no que xa actuou no 2014.

AS ENTRADAS, O LUNS

Segundo informaron os promotores do festival, as entradas sairán á venta o vindeiro luns, ás 11.00 horas. O cartel incluirá arredor de 100 bandas durante os catro días de concertos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here