O premio Vilar Ponte de novela disporá de 4.000 euros para o gañador

O segundo galardón terá unha dotación de 1.000 euros e o prazo para presentar traballos remata o 19 de outubro

Cartel do certame. AXM

O Concello de Viveiro convoca a primeira edición do premio Vilar Ponte de novela en galego, que dotará con 4.000 euros de premio para a narración gañadora. Os interesados en participar poden facelo ata o 19 de outubro.

O segundo premio terá unha dotación de 1.000 euros e tamén, coma no caso do gañador, praca e diploma.

As bases do concurso poden consultarse na web www.viveiro.es. A extensión e a temática serán libres. As obras gañadoras poderán ser publicadas e os autores deberán renunciar a dereitos de autor na primeira publicación dos traballos.

PACTO COS NON ADSCRITOS

O premio nace do acordo entre o goberno local e o grupo de non adscritos para aprobar os orzamentos municipais. Entre as propostas xurdidas no pacto estivo o certame.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here