O Resu volverá en xuño do 2021 con System Of a Down, KoRn e Deftones

O festival de rock duro de Viveiro adianta a súa celebración para conservar os cabezas de cartel da edición cancelada por mor do coronavirus

System Of a Down. SYSTEM OF A DOWN

O Resurrection Fest volverá do 2 ao 5 de xuño do 2021 e farao con dous dos principais cabezas de cartel anunciados para a edición deste 2020, cancelada por mor do coronavirus. Trátase de System Of a Down e KoRn, aos que se suman Chino Moreno e os Deftones, que volven a España tras dez anos sen actuacións no Estado.

Respecto ao cambio de data, a organización concreta que “a única razón para moverse do fin de semana orixinal foi poder conseguir que o cartel mantivese as expectativas do noso público, o que doutro xeito sería imposible”.

Deste xeito, os promotores do festival de rock duro de Viveiro confirmaron que no 2022 “volveremos ás datas orixinais, pero no 2021 e no medio desta situación extraordinaria, na que moitas bandas acurtaron os seus períodos de xira ou modificárono por razóns alleas ao festival, farase unhas semanas antes”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here