A película ‘María Solinha’, de Ignacio Vilar, estrearase en Barreiros cunha premier especial

O director e as actrices Grial Montes e Laura Míguez participarán o 3 de agosto na proxección da cinta, que tamén se poderá ver o 18 no Valadouro

Estrea de 'María Solinha' en Brollón. AXM

A Pobra do Brollón acolleu esta noite do 20 de xullo a estrea da película ‘María Solinha‘, dirixida por Ignacio Vilar (responsable de ‘A Esmorga‘ ou ‘Vilamor‘). A proxección do filme, que trae á actualidade a lenda da muller acusada de bruxería e perseguida pola Inquisición no século XVII chegará á Mariña Lucense o 3 de agosto, en Barreiros.

Para ese día está prevista unha Premier coa presenza do director e as actrices Grial Montes e Laura Míguez. Ademais, o 18 de agosto a película estrearase no Valadouro.

O Corgo, Meira, Vilalba, Guitiriz, Becerreá, Monterroso e Outeiro de Rei serán as outras localidades nas que se estreará a cinta de Vilar. Máis información no Xornal de Lemos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here