A premiada obra sobre Elisa e Marcela chega a Foz o sábado

A Panadaría recreará a historia do primeiro matrimonio entre persoas do mesmo sexo en España

Recreación de 'Elisa e Marcela' pola Panadaría. AXM

O grupo de teatro A Panadaría representará o vindeiro sábado en Foz unha obra titulada ‘Elisa e Marcela‘, baseada no primeiro matrimonio entre persoas do mesmo sexo en Galicia e España.

O espectáculo celebrarase na casa da cultura e comezará ás 19.30 horas. A peza é unha comedia para adultos, cunha duración de 75 minutos. A entrada custa 3,5 euros e os interesados poden mercala anticipadamente da delegación de cultura do Concello de Foz.

OBRA PREMIADA

‘Elisa e Marcela’ conseguiu varios galardóns nos Premios María Casares -ao mellor espectáculo, texto orixinal, dirección e actriz protagonista– noutros certames durante o 2018. As intérpretes son Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.

EN BURELA O 5 DE OUTUBRO

A Panadaría levará esta mesma peza á casa da cultura de Burela o venres 5 de outubro, a partir das 21.00 horas. O prezo da entrada será de cinco euros

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here