InicioCulturaQuico Cadaval ou Cándido Pazó, na programación cultural de Barreiros para agosto...

Quico Cadaval ou Cándido Pazó, na programación cultural de Barreiros para agosto e setembro

Cinema ao aire libre, actuacións musicais, teatro e contacontos repartidos polas prazas das parroquias son as propostas do Concello barreirense para un ocio "lúdico e seguro"

Publicada o

- Advertisement -

A presenza dos narradores orais Quico Cadaval e Cándido Pazó, dous dos máis prestixiosos de Galicia, é un dos principais atractivos da programación cultural do Concello barreirense para os meses de agosto e setembro. Baixo o título ‘Barreiros convídate‘, o goberno local tenta “reactivar a oferta de ocio do municipio” con actividades de diversos tipos, como cinema ao aire libre, actuacións musicais, teatro e contacontos repartidos por diversas parroquias do municipio.

Estes espectáculos estarán dirixidos a todos os públicos e contarán cun número importante de actividades ao aire libre no que se pretende, según o concelleiro de dinamización e participación veciñal, Daniel García, “facer das prazas un lugar de encontro seguro e lúdico ao mesmo tempo”.

Ademais de Pazó e Cadaval, Charo Pita, Óliver Laxe, Amador Arias e artistas locais e comarcais completan o elenco desta programación.

Programación cultural de Barreiros. AXM

As actividades comezaron o pasado día 3 de Agosto coa proxección da película ‘María Solinha’ de Ignacio Vilar, “todo un éxito de público e crítica”, según o concelleiro, que tamén recalca que serán actos que cumplirán con tódalas medidas sanitarias vixentes.

‘O QUE ARDE’, NUN AGOSTO NO QUE PREDOMINARÁN AS ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE

Neste mes de agosto haberá actuacións musicais e cine ao aire libre sendo todas as actividades no exterior (sempre que as condicións metereolóxicas o permitan) entre as que destaca a proxección do filme “O que arde” coa presenza de Laxe e Arias.

SETEMBRO, DEDICADO AO TEATRO

Setembro será un mes adicado ao teatro. Pazó recreará “Memorias dun neno labrego” e Cadaval a obra “Conta… vacas, guerras, porcos e cregos”.

Estas actividades son financiadas con fondos propios do Concello e tamén con axudas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, así como a colaboración da área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo e os programas Agadic e Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...