InicioCulturaAute canta no seu último disco ao poeta viveirense Carlos Oroza

Aute canta no seu último disco ao poeta viveirense Carlos Oroza

O cantautor filipino musicou seis poemas do autor de 'Prohibido el paso' para un disco-libro

Publicada o

- Advertisement -

Manuel Rivas definiuno como “o mellor rapsoda de Europa”. Para Ramón Rozas, a súa poesía “era pura e ancestral, exiliada de cursis contaminacións”. O veredicto de Pere Gimferrer: “á vez, a presenza máis precisa e imprecisa da poesía española”.

Nacido en Viveiro no 1923, afincado en Vigo nos últimos anos ata a súa morte no 2015, Carlos Oroza creaba unha poesía oral, sen rima nin puntuación, que se resistía a quedar apreixada nun libro.

Cando lle preguntaban ao poeta viveirense que músico podía cantar os seus poemas singularísimos, non o dubidaba: “o único, Luis Eduardo Aute”.

O MÚSICO, RECUPERADO

O editor Javier Romero, da editorial viguesa Elvira, emprendeu hai dous anos a tarefa de pechar o círculo. Púxose en contacto co cantautor de Manila, que pouco despois padeceu un infarto que o deixou en coma e estivo a piques de custarlle a vida. Xa recuperado, Aute volveu ao traballo. O resultado veu a luz a finais do pasado mes de setembro: o libro-disco ‘Aute canta a Oroza‘.

Capa do libro-disco, da editorial Elvira. AXM

O COMEZO, ‘PROHIBIDO EL PASO’

A colaboración comezou aos poucos. En principio, Aute só ía musicar o célebre ‘Prohibido el paso‘, o demoledor poema dos anos 70 que denunciaba a mediocridade do franquismo e que, como contou o xornalista pontenovés Perfecto Conde, obrigou a Oroza a fuxir dun escenario de Pontevedra (a multitude botouno ao berro de “Franco, Franco, Franco”).

Se prohíbe el paso / en este trozo de mundo se sientan los santos y los obispos / los místicos y los asesinos… / todo el gran grito de la contrición / la reserva moral de treinta y tantos años / los inquisidores y los tiranos de entonces y los verdugos actuales / semáforo, cuidado…”.

Malia a dificultade do proxecto, Aute perseverou e, da man do produtor Javier Monforte, foi quen de poñer música a outros cinco poemas do poeta viveirense: ‘Correr sin levantarme‘, ‘Évame‘, ‘Blanquísima su presencia‘, ‘Tal vez sea yo el error‘ e ‘El que oficia el poema‘.

O libro inclúe fotografías e un texto no que Monforte conta como foi o proceso de gravación. E tamén o que supuxo para o cantautor musicar ao poeta viveirense: “deixei todo por isto, pero é máis pracenteiro é digno. Decidín perder para gañar”, subliña.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...