A versión de Rosario de Sabela válelle continuar en OT

A vocalista con raíces en Bravos cantou 'Como quieres que te quiera' xunto a Marilia na gala 3

Marilia e Sabela, durante a súa actuación. AXM

A cantante pontesa con raíces en Bravos Sabela Ramil conseguiu avanzar en Operación Triunfo ao solventar a gala 3.

A vocalista galega interpretou xunto a MariliaComo quieres que te quiera‘, de Rosario Flores, e fixo unha boa actuación aproveitando o ton pausado e íntimo da canción, un rexistro no que se sinte cómoda.

No seu veredicto sobre Ramil, Wally López, do xurado, resaltou a voz “preciosa” da rapaza e o feito de que “fixeches teu un gran tema”.

DAMION E JOAN, NOMINADOS

Damion e Joan Garrido foron os nominados ao final da gala. Os dous rapaces pelexarán por continuar tralo programa do vindeiro mércores na academia, un posto que terá asegurado Sabela.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here