InicioCulturaRoi Casal e 'Juguetes rotos', con Nacho Guerreros, animan o outono en...

Roi Casal e ‘Juguetes rotos’, con Nacho Guerreros, animan o outono en Burela e Ribadeo

O músico traerá á vila burelá o sábado o espectáculo 'Son galego, son cubano', de balde baixo inscrición, e o actor de 'La que se avecina' actuará o domingo no auditorio Hernán Naval

Publicada o

- Advertisement -

Un concerto de Roi Casal, o vindeiro sábado 10 de outubro, será o principal atractivo da programación cultural de Burela no mes de outubro.O intérprete galego presentará o espectáculo titulado ‘Son galego, son cubano‘. Trátase dun show con letras de Xosé Neira Vilas e a posta en escena de músicos de ámbolos dous países. A actuación terá lugar no auditorio municipal, dará comezo ás 21.00 horas e a entrada será de balde.

O alcalde, Alfredo Llano, e a presidenta da comisión organizadora das festas de Burela, Toñi Eijo, asinaron un convenio de colaboración por 5.000 euros, para a organización deste espectáculo. Haberá aforamento limitado a 300 persoas e protocolo Covid-19 e hai que anotarse para poder desfrutar do concerto. As persoas interesadas en acudir a esta cita poden anotarse na Casa da Xuventude chamando ao 982.58.11.41 en horario de 10.00 a 14.00 horas ata o vindeiro venres. O mesmo día do concerto entre as 19.00 e as 20.30 horas tamén poderán anotarse na billeteira do auditorio municipal.

TEATRO CON MALASOMBRA E MONÓLOGO CON LEDICIA SOLA

O domingo, día 11, Luis Vallecillo presentará o musical ‘Cantamos‘. Será no auditorio municipal a partir das 18.30 horas, con entrada de balde e o espectáculo está dirixido ao público familiar. O 17 de outubro a compañía Malasombra Teatro representará a obra ‘Bernarda‘. Terá lugar no auditorio municipal ás 20.30 horas e o prezo da entrada é de catro euros. Escrita e dirixida por José Prieto, está interpretada por Luisa Merelas, Celia González e Esther Aja. Esta programación rematará o 24 deste mes coa actuación de Ledicia Sola que presentará o monólogo ‘Divina‘. Será no auditorio municipal ás 20.30 horas e o prezo da entrada é de catro euros.

Os eventos desenvolveranse de xeito seguro: será necesario usar máscara e xel hidroalcólico, ademais de manter as correspondentes distancias de seguridade, segundo marcan os protocolos covid-19. Colaboran na organización destas actividades: Xunta de Galicia, AGADIC, Rede Galega de Teatros e Auditorios e Xacobeo 2021.

UNHA OBRA SOBRE MATHAUSSEN CHEGARÁ A RIBADEO EN NOVEMBRO

Por outra banda, a Concellaría de Cultura de Ribadeo vén de presentar a axenda para o último trimestre do ano na que haberá teatro, jazz, danza, concertos da Banda de Música Municipal de Ribadeo e espectáculos para os máis pequenos e pequenas. Este domingo, 11 de outubro, ás 20.00 horas no auditorio municipal, terá lugar a representación de ‘Juguetes rotos‘, protagonizada por Kike Güaza e o televisivo Nacho Guerreros.

A concelleira de Cultura en Ribadeo, Pilar Otero, dixo que “o 1 de novembro teremos tamén a impactante ‘Mathaussen. La voz de mi abuelo‘, de Trajín Teatro. Co humor, a narración oral, o clown, o monólogo dunha multipersonaxe, unha actriz volve aos campos de concentración a través dos ollos dun prisioneiro español”, expuxo.

A responsable de Cultura en Ribadeo anunciou que “hai ademais dous espectáculos para público familiar. Un de danza, coa fantástica ‘Blowing‘, de Mucab Dans, e outra de novo circo Esencial, de Vaivén Circo, compañía que obtivo o Premio Nacional desta arte escénica en 2016. Para o público adulto Teatro da Ramboia representará ‘O meu mundo non é deste reino‘, peza gañadora do premio Manuel María de proxectos teatrais en 2018. Trátase dunha adaptación da Farsa de Bululú, do escritor chairego, unha parodia da ditadura franquista”, prosegue Otero.

DANZA, MONICREQUES E MÚSICA PARA OS NENOS

Mircromina Teatro de Títeres e o seu espectáculo Gyrovagus; e Mamá Cabra, con ‘A Fraga do meu avó‘, son apostas para o público infantil. Tamén para as crianzas, programouse o espectáculo de danza ‘A soidade de Wally‘, de Elahood.

O DOCUMENTAL SOBRE REBOIRAS, O 22 DE NOVEMBRO

Otero sinalou que que “tamén contamos cunha proposta cinematográfica que se coorganiza coa Agrupación Cultural Francisco Lanza; ‘Reboiras, acción e corazón‘, de Alberte Mera (22 de novembro, cines comerciais).

A edil nacionalista engadiu que “na nosa axenda están dous concertos da Banda de Música Municipal de Ribadeo, o de Santa Cilla e o de Aquí como en Viena, que serán o 21 de novembro e o 27 de decembro, respectivamente. E outros dous que agrupamos baixo o nome Dúas Noites de Jazz, un o venres 16 e outro o sábado 17 de outubro. Pablo Sanmamede Trío é unha formación sobradamente coñecida que comeza a funcionar no 2015. Pola súa banda, Rafa Fernández trae ‘A cara bonita da pedra‘, un traballo homoxéneo e ambiental.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...