Within Temptation, entre as 30 novas bandas anunciadas polo Resu

Converge, Cult of Luna e As I Lay Dying ofrecerán en Viveiro os seus únicos concertos en España durante o 2019

O grupo holandés Within Temptation. AXM

O Resurrection Fest anunciou novas bandas para a décimo cuarta edición do festival, que se celebrará do 3 ao 6 de xullo.

Tras un primeiro anuncio no que a organización adiantou que Parkway Drive, Trivium, Testament, Kvelertak e While She Sleeps actuarán en Celeiro no 2019, os promotores do festival fixeron público na mañá deste xoves a seguinte confirmación de bandas, con 30 formacións.

Novo avance de grupos. AXM

Entre as 30 bandas adiantadas, actuará no Campo de Lavandeiras Whitin Temptation. O grupo dos Países Baixos, que mestura elementos do heavy e da música celta, alcanzou unha fama mundial no 2002 co seu disco ‘Mother Earth‘.

A formación holandesa quitará o 14 de decembro o seu novo disco, ‘Resist‘.

TRES RECITAIS ÚNICOS EN ESPAÑA

Outra das bandas que estará no Resu 2019 será o grupo estadounidense As I Lay Dying, de metalcore, que ofrecerá o seu único concerto en España no 2019.

O grupo estadounidense de hardcore Converge tamén ofrecerá en Viveiro o seu único recital en España durante o vindeiro ano.

Cult Of Luna, grupo sueco de post-metal, é outra das bandas que, dentro da xeografía española, só actuarán no Resu.

CRADLE OF FILTH, OUTRO DOS PRATOS FORTES

Estarán no festival Avatar, Crystal Lake, Cane Hill, Atavismo, Maine Line 10, Meltdown, Miss Lava, Santo Rostro, Morgen, Cradle of Filth, Brant Bjork, Colour Haze, Radio Moscow, Altarage, Leo Jiménez, Celtibeerian, Megara, Trallery, Strikeback, Ignite, Nasty, Venom Prison, Higher Power, Misery Index, Power Trip e Alien Weaponry.

O MARTES, O CABEZA DE CARTEL

A organización anunciou que o martes coñecerase o cabeza de cartel do Resurrection Fest 2019.

A actual oferta de abonos, a 115 euros máis gastos de distribución, caducará ás 23.59 horas do vindeiro domingo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here