Oíntes de Europa e Sudamérica nas Xornadas de Arqueoloxía Marítima de Viveiro máis internacionais

A celebración online do encontro está a ampliar as fronteiras ás que chegan os relatorios, con máis de 250 inscritos de países como Italia, Suecia, México ou Brasil

Videoconferencia das Xornadas. AXM

As IV Xornadas de Historia e Arqueoloxía Marítima Cidade de Viveiro estanse desenvolvendo ao longo desta semana mediante modalidade on-line, como consecuencia das medidas e restriccións establecidas pola Covid-19, e coa presenza de representantes da FEDAS, da Xunta de Galicia, da Armada e da UNED.

No ecuador das mesmas, o goberno municipal fai un primeiro balance público moi satisfactorio da súa repercusión e do éxito de convocatoria, facendo fincapé no elevado número de participantes.

As circunstancias actuais condicionaron a súa organización, pero grazas á súa celebración on-line trátase da edición máis internacional. Ademais dun gran número de oíntes de Viveiro, da Mariña e do resto de Galicia, hai participantes doutras comunidades autónomas da xeografía española e de puntos tan dispersos como Suecia, Italia, Portugal, México, Arxentina ou Brasil.

O Concello considera que se trata “dun éxito absoluto” a cifra de “máis de 250 inscritos que poden seguir a súa programación tanto en directo como en diferido, ademais de utilizar o chat das xornadas para formular preguntas e intercambiar opinións”. Deste xeito, o executivo municipal conclúe que “se conseguiu consolidar unhas xornadas de repercusión internacional“.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here