InicioCulturaLugo amosa na exposición 'Mariñas, Marosas e Maruxainas' o traballo de xeracións...

Lugo amosa na exposición ‘Mariñas, Marosas e Maruxainas’ o traballo de xeracións de mulleres da comarca

A mostra, que se pode contemplar online, consta de 16 retratos de redeiras, labregas ou empregadas de conserveiras, así como outros tantos textos sobre o seu papel na sociedade

Publicada o

- Advertisement -

Este luns inaugurouse no Museo Provincial de Lugo a primeira entrega do proxecto “Amar a mar: Mariñas, marosas e maruxainas”, que se centra en recoñecer e visibilizar as mulleres da Mariña Lucense. A mostra inclúe 16 retratos femininos –un por cada un dos concellos da comarca– e outros tantos textos, que inciden no papel das mulleres na configuración material e cultural da comarca.

Segundo explicou a xerente da Rede Museística, Encarna Lago, “trátase dun proxecto colaborativo, produto dun traballo en comunidade, coordinado desde o Museo do Mar de San Cibrao, que pon a mirada nas mulleres que non aparecen habitualmente representadas nos museos, nos textos, nos catálogos”.

Germán Limeres, Xosé Reigosa, Ignacio Castro “Nachok” e Lucía Sánchez asinan as fotografías que amosan o paso do tempo polas facianas e as mans de traballadoras do mar e da terra: pescantinas, redeiras, mariscadoras, percebeiras, empregadas de conserveiras, taberneiras ou labregas.

A mostra, instalada no refectorio do Museo arredor dunha composición con caixas de peixe da lonxa de Burela e unha figura da maruxaina cedida pola Asociación de Amigos da Maruxaina de San Cibrao, complétase con dous paneis informativos de Herminia Pernas e de Chema Leal que documentan a participación das mulleres da Mariña en actividades marítimas nos séculos XIX e XX.

LISTADO TEXTOS E FOTOS

Este é o listado dos textos e fotografías, coa súa autoría.

CONCELLOS TEXTOS FOTOS
ALFOZ Alba Díaz Geada Dora Tallón Maseda

(Fotografía: Germán Limeres)

BARREIROS Lu Vila Tarsila Veiga Vega

(Fotografía: Xosé Reigosa)

BURELA Herminia Pernas Oroza,

Doutora en Xeografía e Historia pola USC

Mª Jesús Alonso López

(Fotografía: Germán Limeres)

CERVO Sara Campo López Aurora García Fraga

(Fotografía: Germán Limeres)

FOZ María Cuadrado Fernández Inés Fraga Naray, “Sita”

(Fotografía: Ignacio Castro, “Nachok”)

LOURENZÁ Teresa Díaz Iglesias Alicia Reigosa Lorigados

(Fotografía: Ignacio Castro, “Nachok”)

MONDOÑEDO Mar Corbelle Valiño Alicia Tella-Villamarín

(Fotografía: Alicia Puchades)

OUROL Verónica Prieto Prieto Bárbara Gil García

(Fotografía: Germán Limeres)

A PONTENOVA M. José Fernández Mª Juana González Díaz, “Juanita”

(Fotografía: Germán Limeres)

RIBADEO Susana Álvarez, “Susi” María del Carmen del Río Martínez

(Fotografía: Germán Limeres)

RIOTORTO Mari Luz Iglesias López Hortensia García Freijo

(Fotografía: Germán Limeres)

TRABADA Lucía Fernández Rodríguez Carmen Murias Bermúdez

(Fotografía: Germán Limeres)

O VALADOURO Cristina Fernández Rey Piedad Seijas Cao

(Fotografía: Germán Limeres)

O VICEDO Antía Balseiro

 

Leonor Casas Lamela

(Fotografía: Germán Limeres)

VIVEIRO María Carballal Febreiro Ana López Galdo

(Fotografía: Germán Limeres)

XOVE Lucía Canoura Josefa Meitín Míguez

(Fotografía: Lucía Sánchez Meitín)

AS “MELLORES EMBAIXADORAS” DA BISBARRA

Na inauguración da mostra, a vicepresidenta da Deputación, a nacionalista Maite Ferreiro, sinalou que “o máis valioso da mostra son as persoas que ten detrás e que prestaron a súa creatividade, memoria e experiencia vital para render homenaxe a todas as que nos trouxeron ata aquí. Sodes as mellores embaixadoras da Mariña”, concluíu Ferreiro, que tamén se referiu á loita da comarca pola continuidade dos postos de traballo e da produción de aluminio en San Cibrao.

No acto, en formato virtual ante as restricións de mobilidade e capacidade obrigadas pola pandemia, interviron parte das protagonistas da mostra e representantes dos gobernos municipais da Mariña.

INSCRICIÓNS PARA VISITAS PRESENCIAIS

A mostra pode verse, de forma presencial, Museo Provincial de Lugo, anotándose previamente no teléfono 982.242.112 ou do correo concertampl@gmail.com. Tamén está dispoñible a visita virtual a través da plataforma multicanle comunidadermpl.es.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...