Slipknot, cabeza de cartel do Resurrection Fest 2019

O grupo estadounidense, que destaca polas súas máscaras e posta en escena, era un dos máis demandados polos seguidores do festival de Viveiro

Slipknot. AXM

A banda estadounidense de heavy metal Slipknot encabezará o cartel da vindeira edición do Resurrection Fest, segundo anunciaron na tarde deste martes os promotores do festival.

O grupo liderado por Corey Taylor, que leva vendidos máis de 20 millóns de discos en todo o mundo, foi un dos máis solicitados polos seareiros do festival ao longo dos anos.

A banda caracterízase polas súas máscaras perturbadoras e por unha posta en escena impactante.

A organización avanzou que o concerto de Slipknot será de produción completa e que soarán os grandes éxitos do grupo.

NOVO ÁLBUM NO 2019

O último disco da formación de Iowa, ‘.5 The Gray Chapter‘, data do 2014. O vocalista, Corey Taylor, avanzou que haberá novo álbum no 2019.

BANDAS CONFIRMADAS

Slipknot únese así a outras 35 bandas confirmadas, entre elas Within Temptation, Cradle of Filth ou Parkway Drive. O festival celebrarase do 3 ao 6 de xullo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here