Xacio Baño parte do baúl de seus avós de Xove para abordar o esquecemento no seu novo filme

As cartas dun familiar que tivo que combater na Guerra Civil sendo un adolescente fían 'Augas abisais', cinta apoiada polo Concello e que se estreará en España o 23 de novembro

Presentación do filme de Baño. AXM

O cineasta xovense Xacio Baño presentou este venres no consistorio o o seu novo filme, ‘Augas Abisais‘, gravado na súa maior parte en Xove, na casa familiar do cineasta antes da pandemia. O Concello colabora coa película, que contou tamén coa participación de empresas da zona coma Evox Vertical para a realización de planos de grúa.

‘Augas Abisais’ estrouse internacionalmente no Shefflield Doc/FEst, Inglaterra, a semana pasada e a súa premiere a estatal será no Festival Internacional de Cinema de Xixón, dentro da sección oficial de curtametraxes. Trátase dunha das citas máis prestixiosas do circuíto español e competirá con 15 obras internacionais de primeiro nivel. Debido ao Covid-19, esta edición será online, e a peza poderase ver baixo pago na plataforma Festfhome dende o luns 23 de novembro as 18.00 ata o xoves 26 do mesmo mes.

A película é unha peza de 25 minutos que aborda o tema do esquecemento. O cineasta, partindo dunhas cartas atopadas nun baúl da casa dos avós, reconstrúe a vida dun ascendente familiar que foi obrigado a ir á Guerra Civil con dezasete anos. Estas cartas e o contraste coa memoria oral que se transmitiu de xeración en xeración na familia fan que a peza toque os terreos da fábula, do onírico e do sensorial.

FARASE UN PASE NO CONCELLO

O filme xirará por festivas estatais e internacionais neste ano tan atípico para a exhibición cinematográfica. Tamén se fará un pase no concello de Xove cando a situación sanitaria o permita.

Esta é a segunda vez que Baño, gañador de cinco premios Mestre Mateo por ‘Trote’, filma un proxecto persoal no seu pobo despois de ‘Ser e voltar‘ no 2014. Ademais está a desenvolver unha peza sobre os montes medulios de Galicia e a creación da identidade galega, no que estará presente a Medela, que fai de límite entre Cervo e Xove, e que a mitoloxía sinala coma un posible Medulio, concreta o goberno municipal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here