InicioCulturaZenet, prato forte do Festival de Jazz & Blues de Ribadeo, que...

Zenet, prato forte do Festival de Jazz & Blues de Ribadeo, que regresa tras tres anos sen celebrarse

Travellin´ Brothers e Sumrá completan o cartel da sexta edición do evento, os días 6, 8 e 12 de decembro

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo recupera neste vindeiro mes de decembro o seu festival de jazz e blues despois de tres anos sen celebrarse. No auditorio municipal Hernán Naval haberá concertos de Travellin´ Brothers, Sumrá e Zenet, para os que as entradas xa están á venda en www.ataquilla.com. Ademais o programa inclúe unha exposición fotográfica de Cris Andina na oficina de turismo ribadense.

Será a sexta edición do festival, presentado na tarde de hoxe, xoves, na Casa do Concello ribadense pola concelleira de Cultura, Pilar Otero, e o director artístico do evento, Rafael Monteavaro, de Game Over Productions, que é a empresa organizadora.

EXPOSICIÓN DA FOTÓGRAFA RIBADENSE CRIS ANDINA

Travellin´ Brothers, Sumrá e Zenet actuarán os días 6, 8 e 12 de decembro; os tres concertos serán ás 20.00 horas con entradas numeradas gardando as distancias de seguridade, aforamento reducido a 100 persoas para cada unha das actuacións e demais medidas contra o Covid-19. A exposición da ribadense Cris Andina, especialista en fotografar artistas de teatro e músicos, será inaugurada o 4 de decembro ás 19.00 horas e estará aberta ao público ata o día 19.

Monteavaro explicou que “pode parecer chocante que precisamente con esta situación nos atrevamos a tirar para diante pero hai dúas cousas que foron definitivas á hora de decidirnos: tentar entre todos que a música en directo non morra, que os músicos non morran de fame e que os afeccionados á música poidan seguir tendo a onde acudir“. Ademais, agradeceu “o apoio que recibimos tanto do Ministerio de Cultura, a través do INAEM, como do Concello de Ribadeo. Sen estas axudas sería imposible dado que as condicións nas que se teñen que desenvolver estes concertos, con aforamento limitado, fan todo máis difícil aínda. De todas maneiras cremos que xuntamos un cartel moi atractivo”, valorou.

AS ENTRADAS, ENTRE OS OITO E OS 16 EUROS

O prezo das entradas para estes concertos é de dez euros, 8 euros e 16 euros respectivamente, que son moi inferiores aos que se pagan nas actuacións destes artistas noutros lugares.

Presentación do festival. AXM

CIRCO E TEATRO, PROTAGONISTAS DE DECEMBRO NO MUNICIPIO

Mucab Dans (5 de decembro); Vaivén Circo (30 de decembro); ‘O meu mundo non é deste reino’, de Teatro da Ramboia; o grupo de teatro da Asociación A Mariña de Axuda ao Enfermo Mental; a actuación da compañía de Mondoñedo Mircromina Títeres e o concerto de Mamá Cabra” serán outros dos atractivos das vindeiras semanas na programación cultural de Ribadeo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...