InicioCulturaO vigués Miguel Cavadas Docampo gaña o Díaz Jácome con 'Adagio'

O vigués Miguel Cavadas Docampo gaña o Díaz Jácome con ‘Adagio’

Quico Valeiras, do Carballiño, obtivo o segundo galardón do certame de poesía de Mondoñedo, mentres que o terceiro foi para Adrián Maceda, do Saviñao

Publicada o

- Advertisement -

Miguel Cavadas Docampo, veciño de Vigo, resultou o gañador do XXI Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores, convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. O traballo presentado polo gañador, que obterá un premio de 1.500 euros, placa e diploma, ten por título ‘Adagio‘.

O xurado destacou dos versos de ‘Adagio’ a súa capacidade para “formular unha estética que abala entre o evocativo e o amatorio, chea de imaxes sorprendentes e atrevidas, que xogan habilmente coa mestura de referencias cultas e imaxes cotiás para facer avanzar unha historia fondamente pasional”.

O segundo premio, dotado con 600 euros, placa e diploma, recaeu na obra ‘Catro notas arredor desta caixa para despois‘, obra da que é autor Quico Valeiras, do Carballiño.
Neste caso, o xurado sinalou que o poemario “salienta a habelencia (do autor) para crear un diálogo feraz con referentes da poesía galega actual como Chus Pato ou Luz Pichel, conseguindo construír un artefacto literario inzado de ecos e resonancias no que o verso está ao servizo da intervención social e desdebuxa os lindes entre o lírico e o ensaístico”.

Finalmente, Adrián Maceda Fernández acadou o 3º premio, dotado con 300 euros, placa e diploma, coa obra ‘Cinco anticipacións a un corazón caído‘. Adrián Maceda é do Saviñao.

Respecto de ‘Cinco anticipacións a un corazón caído’, o xurado estimou “a incorporación dos códigos do amor cortés e doutros referentes da tradición para actualizalos nun novo territorio amoroso inzado de imaxes delicadas e asemade ousadas nas que as alusións metapoéticas tamén son frecuentes”.

OS PREMIOS ENTREGARANSE O VINDEIRO SÁBADO

A entrega do premio terá lugar o vindeiro sábado, 19 de decembro, a partir das 11.15 horas. Manteranse as normas aprobadas polas autoridades en canto ao aforamento e medidas sanitarias en relación coa situación actual de pandemia provocada pola Covid-19.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...