Sabela gusta a xurado e público de OT coa súa versión de Adele

A cantante galega foi de novo unha das favoritas dos espectadores e superou a gala 6

Sabela, durante a súa interpretación. AXM

Sabela Ramil continuará en Operación Triunfo logo de encandilar a público e xurado coa súa versión de ‘Set fire to the rain‘, de Adele.

A cantante con raíces en Bravos foi elixida entre as tres favoritas polos telespectadores de OT.

Malia que Alba resultou finalmente a máis votada, a vocalista galega recibiu o apoio do xurado para continuar no programa.

NOMINADAS

Marilia e Noelia son as nominadas da gala 6, que deixou fóra do concurso a Damion.

TRENDING TOPIC

Para completar unha gran noite, o cancelo #SabelaFavorita converteuse en Trending Topic de Twitter en España.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here