Pendurado na rede o epistolario do escritor viveirense Lois Tobío, con 432 cartas

As misivas permiten, segundo o Consello da Cultura Galega, descubrir a "visión europeísta" do autor e "reflexionar" sobre a nosa historia, así como sobre o turismo ou a memoria histórica

Lois Tobío. CCG

EFE. O Consello da Cultura Galega (CCG) puxo na rede o epistolario do escritor Lois Tobío (Viveiro, 1906-Madrid, 2003), unha figura polifacética da cultura galega.

Son 432 cartas que permiten descubrir a “visión europeísta e integradora” de Tobío e da súa xeración, a documentación de iniciativas xestadas na emigración a favor da cultura galega e que, ademais, “axudan a reflexionar sobre a historia recente de Galicia, España, Europa e América“, destaca o CCG nun comunicado.

O epistolario preséntase acompañado dun artigo da profesora Montserrat Bascoy no que ofrece as claves para comprender e contextualizar a correspondencia.

“O que máis me chamou a atención é a actualidade e a vixencia dos temas que se tratan. Hai moitas cousas e ideas que nos poden servir para reflexionar sobre cousas que nos afectan hoxe, como son todos os aspectos derivados da memoria histórica ou a dependencia económica do turismo“, explica a profesora da Universidad de Alcalá de Henares.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here