(VÍDEO) O xurado destaca “a versatilidade” de Sabela, que se afianza en OT

A cantante con raíces en Ourol estivo entre os tres concursantes máis votados polo público por terceira semana consecutiva

Sabela e Miki, durante a actuación. RTVE

Sabela Ramil, a vocalista pontesa con raíces en Ourol, segue con paso firme en Operación Triunfo.

A única representante galega no popular concurso de televisión solventou con nota a gala 7 do programa.

Nesta ocasión, Sabela cantou xunto a Miki a peza ‘No olvidarme de olvidar‘, canción de Rosana e Carlos Rivera.

A súa interpretación convenceu ao xurado. “Estás demostrando poderío e versatilidade“, destacou Joe Pérez-Orive da pontesa.

Sabela obtivo o aplauso do público: por terceira semana consecutiva, estivo entre os tres concursantes máis votados da noite.

NOMINADOS

Noelia foi eliminada na gala 7. Marilia e Carlos Right son os nominados desta semana.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here