A axenda de ocio: a arqueoloxía marítima española cítase en Viveiro

Continúan o Mes da Maxia ou o Certame de Teatro Afeccionado de Lourenzá e a fin de semana ofrece xornadas de historia local en Mondoñedo ou a proxección dun documental sobre San Cibrao do 1961

Un buzo, durante a excavación do galeón de Ribadeo. AXM

Como cada venres, repasamos a axenda cultural e de ocio da fin de semana.

BURELA

O Concello de Burela, coa colaboración de Ledicia, Asadores, Arume e a Acia, organiza este venres a quinta edición da Festa da Castaña. Celebrarase a partir das 19.00 horas na Praza de Abastos.

Haberá castañas e bolos preñaos, a un prezo de dous euros. Ademais, quenes merquen entrarán en sorteos.

Burela, Foz e Cervo acollerán o sábado a 22ª edición dos Xogos Autonómicos de baloncesto que impulsa Special Olympics.

O evento moverá a máis de 400 persoas.

O Pescados Rubén Burela FSF afronta o domingo un partidazo no que defenderá a condición de líder da Liga Foro 16 Feminismo contra o terceiro clasificado, o Penya Esplugues (Vista Alegre, 12.00 horas).

Tais Alves. AXM

César Maseda inaugurá este venres, ás 20.00 horas, a mostra de pinturaIconos‘, que poderá verse na casa da cultura ata o 30 de novembro.

CERVO

Casados coa Historia dun Pobo‘ é un documental de 19 minutos que retrata unha voda celebrada en San Cibrao no 1961, a de Paco Sampedro e Maribel.

A proxección da cinta, que será como volver ao pasado por un intre, celebrarase o sábado na casa da cultura, desde as 19.00 horas.

FOZ

A escritora burelesa Antía Yáñez presentará este venres na sala Bahía a súa premiada novela ‘Senlleiras‘. O acto comezará ás 20.30 horas.

Antía Yáñez. CONCHA SALGADO

O sábado haberá teatro infantil con Mama Cabrá, que presentará ‘Eu cociño, ti cociñas?‘. Será na sala Bahía, desde as 18.30 horas, con entrada a 1,5 euros para nenos e a 2,5 para adultos.

LOURENZÁ

Fin de semana de táboas en Lourenzá, con dúas representacións do Certame de Teatro Afeccionado.

O sábado, Rebuldeiras (Sarria) presentará ‘Delicadas‘ (20.00 horas, casa da cultura). O domingo, á mesma hora e no mesmo escenario, Avelaíña (Pontevedra) recreará ‘María Castaña‘.

MONDOÑEDO

A Casa da Penela de Mondoñedo acollerá este sábado, desde as 12.00 horas, unha xornada de historia local.

Abrirá o evento Xe Freyre, cunha conferencia titulada ‘De República a República. Mondoñedo entre séculos‘.

Ás 13.00 horas será a quenda de Armando Requeixo, que falará da Revista Galiza, publicación ligada ao núcleo galeguista da cidade.

Armando Requeixo. TVG

Pechará a xornada unha mesa redonda que comezará ás 17.00 horas. Participarán Daniel Río “Caxigueiro”, Xusto Fernández e Xulio Rodríguez, que falarán do franquismo e a Transición.

O VALADOURO

Un total de 179 arqueiros das catro provincias galegas participarán no Trofeo Federación da Xunta de Galicia, que organiza o Club Castelarco.

O pavillón do Valadouro acollerá durante toda a fin de semana unha competición na que participarán varios campións de España, como Miguel Alvariño ou Melania Sanjorge.

Competición de tiro con arco. AXM

Para o domingo, desde as 9.00 está prevista a categoría raíña, maiores de 14 anos con arco recurvo (modalidade olímpica).

O Mercado de Outono do Valadouro celebrarase o sábado na Praza de Santa María, desde as 10.00 horas.

Haberá xogos populares, magosto e baile.

O VICEDO

O programa de sorteos da FCAM remata esta fin de semana no Vicedo. O acto será na casa da cultura, a partir das 19.00 horas.

O sábado, ás 20.00 horas na casa da cultura, o grupo teatral A Torta do Millo de Guitiriz presenta ‘Innoveitin… ou algo‘.

VIVEIRO

Viveiro será o epicentro da arqueoloxía marítima española esta fin de semana, coas xornadas que impulsan a Federación Española de Actividades Subacuáticas (Fedas) e o Concello.

Presentaranse no salón de plenos nove relatorios, entre eles relativos a catro proxectos declarados “exemplares” pola Unesco.

Entre outros temas, o domingo abordarase un tema local, o da nave flamenca atopada en Lago.

O sábado, ás 18.00 horas no Pastor Díaz, o grupo teatral Pérez & Fernández presenta a obra infantil ‘Aguratrat‘.

MES DA MAXIA

Continúa o Mes da Maxia, que impulsa a Mancomunidade de Municipios da Mariña.

O venres, Kiko actuará no Buenavista de San Cibrao e Rafa na Marquesa (Burela). O sábado, Kiko e Paredes animarán a cea na Garita (Ourol) e o Mago Pi acudirá á Casa do Fidalgo (A Pontenova).

Todos os espectáculos comezan ás 22.00 horas, e podes consultar os menús neste enlace.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here