A industria da conserva na comarca, a debate o venres no ciclo de Mariña Patrimonio

A charla, por videoconferencia, correrá a cargo dos historiadores Xoán Ramón Fernández Pacios e Xosé María Leal Bóveda, que abordarán o caso de DALO en Foz

Cartel da conferencia. MP

A asociación Mariña Patrimonio anunciou este martes que o vindeiro venres, 12 de marzo, continuará o ciclo de conferencias online organizadas polo colectivo. Desta volta, a temática da charla será ‘A conserva na Mariña: o caso de DALO (Damián López Ferrería) en Foz“.

Nesta ocasión, a charla correrá a cargo dos historiadores Xoán Ramón Fernández Pacios e Xosé María Leal Bóveda. Ao longo da súa intervención, abordarán a evolución da industria conserveira na Mariña, ao tempo que explicarán o caso significativo das empresas de Damián López Ferrerías (DALO) de Foz, centrándose na súa faceta madeireira, na do tráfico marítimo de cabotaxe así como na actividade conserveira.

A actividade, que poderá seguirse a partir das 19.30 horas na páxina de Facebook de Mariña Patrimonio, conta coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here