Un clip de Xaime Miranda rodado na Mariña coa colaboración de grupos da zona, nominado aos Mestre Mateo

Trátase da peza audiovisual da canción 'Muinheira de Interior', de Boyanka Kostova; entre as localizacións destacan os dolos de Morás e participaron Saíñas, Mistura, Airiños ou O Feitizo

Rodaxe do videoclip en Morás. SABELA BLANCO

O videoclip da canción ‘Muinheira do Interior‘, do dúo santiagués Boyanka Kostova, pioneiro do trap galego, vén de ser nominado para os premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual. É un novo recoñecemento ao traballo do director da peza audiovisual, o cervense Xaime Miranda, que xa gañou un destes galardóns por ‘Esquimales’, realizado para Heredeiros da Crus.

A obra foi gravada en varias localizacións da Mariña, destacando os dolos do porto de Morás (Xove) ou o Cenima de Foz. Miranda contou, como soe facer, con varios mariñaos no seu equipo de traballo: Iago Vilarinho, director de fotografía, e Claudia MuíñoSabela BlancoLucía Ramiro e Nuno Pico na produción.

Na realización desta peza audiovisual o director contou coa colaboración, como extras e corpo de baile, de grupos folclóricos e culturais da zona: Grupo Folclórico Mistura (San Cibrao)A. C. Airiños do Xunco (Cervo)Agrupación Folclórica O Feitizo (Foz), A. C. Saíñas (Xove) e co apoio loxístico do Concello xovense.

Trátase dun videoclip no que “destaca o contraste entre as arquitecturas dos escenarios e o colorido dos traxes, ao tempo que mestura a tradición (gaitas, baile, traxes) con elementos e paisaxes distópicas”, expón o director.

Os outros nominados nesta categoría son ‘Dark Sienna, Roger Eno & Brian Eno‘, ‘Illas de Sal‘, de Xabier Díaz, e ‘Who will save me?‘,

A GALA SERÁ O 10 DE ABRIL

Os Premios Mestre Mateo 2021, aos que se presentaron 146 obras e 424 candidaturas profesionais, entregaranse o 10 de abril no Teatro Colón da Coruña co recoñecemento a 25 categorías, das que nove son de produción e 16, profesionais.

O XOVENSE ROBERTO VILAR, NOMINADO AO MELLOR COMUNICADOR

O xovense Roberto Vilar atópase entre os nominados ao mellor comunicador, por Land Rober TV. Competirá polo galardón con Alba Mancebo, por ‘Os Castros‘, Rodrigo Vázquez, por ‘Quen anda aí?‘, e Simone Saibene por ‘Cinephilia‘.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here