Lar Libros presentará este xoves en streaming o novo libro de María Donapetry

O novo volume da filóloga titúlase 'El eje universal y la polla voladora', e a presentación contará coa participación de María Xosé Porteiro, Socorro Suárez Lafuente e Olaya Barr

Donapetry, na Semana do Cine de Betanzos. SEMANA DO CINE DE BETANZOS

Lar Libros presentará o vindeiro xoves cun coloquio virtual o libro ‘El eje universal y la polla voladora‘, da escritora María Donapetry. A mesa redonda telemática comezará ás 19.30 horas, e poderase seguir pola canle de Youtube da editorial.

Xunto á autora, con orixes en Viveiro, participarán na charla María Xosé Porteiro, Socorro Suárez Lafuente e Olaya Barr.

Donapetry, autora de ‘Imagi/Nación. La feminización de la nación en el cine español y latinoamericano‘ ou de ‘Anda campeón, hazte feminista en diez cómodos plazos‘, doutora en Filoloxía Inglesa pola Universidad de Oviedo, dedicouse profesionalmente ao ensino en distintas universidades ata a súa xubilación.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here