San Tirso de Portocelo loce no videoclip do mariñao Adrián Canoura para Baiuca e Rodrigo Cuevas

'Veleno', rodado durante o mes de xaneiro, ten as ruínas como unha das súas principais localizacións

Rodrigo Cuevas, nunha imaxe do videoclip. ADRIÁN CANOURA

Onte estrenouse “Veleno”, videoclip musical do grupo de música folktrónica Baiuca, que nesta ocasión estivo acompañado por Rodrigo Cuevas. O vídeo foi dirixido polo mariñao Adrián Canoura.

O vídeo rodouse durante o mes de xaneiro en Xove, especialmente nas ruínas de San Tirso, na parroquia de Portocelo. Entre as colaboracións, participa o grupo Saíñas, un de cuxos componentes, Uxío Dayán, aparece como bailarín. Tamén participou a xovense Nuria Lestegás como meiga 2.

O Concello de Xove resalta que contribuíu ao patrocinio deste vídeo cunha aportación de 1.800 euros, xa que se considerou que axuda a promocionar Xove no exterior, dado que se trata dun produto cultural con moita difusión a través das redes.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here