InicioCultura22 incunables... As xoias que oculta a biblioteca "Santa Catalina" de Mondoñedo

22 incunables… As xoias que oculta a biblioteca “Santa Catalina” de Mondoñedo

O bispado e a Xunta asinarán un convenio para a conservación e posta en valor das bibliotecas do bispado de Mondoñedo-Ferrol.

Publicada o

- Advertisement -

A Diocese de Mondoñedo-Ferrol e a Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro da Xunta ultiman un novo convenio de colaboración que afectará a dúas das bibliotecas máis relevantes do bispado: a patrimonial do Seminario de Mondoñedo e a especializada de Estudos Mindonienses da Domus Eclesiae de Ferrol.

Uno dos puntos aos que refire esta nova colaboración entre ambas as institucións é a biblioteca do Seminario “Santa Catalina” de Mondoñedo, unha das máis importantes de España, non só polo número de volumes, uns 30.000 libros, senón, sobre todo, polo valor patrimonial de moitos deles, entre os que destacan os 22 incunables -exemplares anteriores ao ano 1500- que se conservan en perfecto estado e todos con certificado de autenticidade.

Tanto a diocese como a administración autonómica barallan a posibilidade de integrala no Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico Galego, un proxecto documental que recolle rexistros de monografías así como obras que pola súa antigüidade, ao ser publicadas con anterioridade a 1959, ou pola súa singularidade, forman parte do patrimonio bibliográfico galego.

BIBLIOTECA DE ESTUDOS MINDONIENSES

Pola súa banda, a biblioteca-hemeroteca de Estudos Mindonienses, situada na Domus Ecclesiae de Ferrol, afianzará a súa presenza na Rede de Bibliotecas de Galicia, á que xa pertence desde o ano 2010.

Esta actualización servirá para renovar o seu sistema de xestión bibliográfica, pasando da aplicación actual MEIGA a nova plataforma que confira unha maior visibilidade ao seu extraordinario fondo documental, formado por máis de 27.000 publicacións periódicas, 5.000 monografías e valiosas obras de referencia.

Esta biblioteca especializada en teoloxía e historia local foi creada en 1985 e desde o ano 2002 está aberta ao público, con horario de luns a venres de 9:00 a 14:30 horas (os martes pola tarde, tamén de 16:00 a 18:00 horas).

ACORDO COA UDC

A través dun convenio de colaboración, nesta ocasión coa Universidade da Coruña (UDC), tanto esta biblioteca como o arquivo administrativo do bispado en Ferrol acollen cada ano a estudantes do Grao Universitario en Información e Documentación, estudos que se imparten na facultade de Humanidades e Documentación, quen realizan as súas prácticas curriculares nas súas instalacións. A diocese, ademais, cede parte do seu fondo de publicacións periódicas á biblioteca universitaria do Patín, situada no campus de Esteiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...