A axenda de ocio: fin de semana de magostos, teatro e maxia na Mariña

Mondoñedo, Burela ou Ourol exaltan á castaña e Viveiro, Foz, Alfoz e Lourenzá acollen recreacións teatrais

Mago Teto. AXM

Repasamos, como cada venres, a axenda de ocio da fin de semana. 

ALFOZ

O Concello ofrece rutas de outono. A do domingo percorrerá o río Ouro. Sairá ás 9.30 da área recreativa da Pontenova, cunha dificultade baixa (apta para nenos) e 3,6 quilómetros de distancia.

Anotan no teléfono 657.849.200 ou o correo electrónico ofreixodoslobos@gmail.com.

Antes, o sábado, desde as 18.00 horas no centro sociocultural, Teatro Monfortino presenta a peza ‘Os intereses creados‘.

BURELA

O Pescados Rubén Burela FS defende liderado e imbatibilidade na Segunda División fronte ao Colo Colo Zaragoza.

Os discípulos de Juanma reciben (sábado, 18.30, Vista Alegre) a un rival que ocupa a décimo segunda praza.

Luisma, nun encontro da pasada tempada. AXM

Tamén o sábado, a asociación Camiña celebra o magosto. Na praza de Abastos, desde as 18.30 horas.

FOZ

A escritora burelá Antía Yáñez segue a presentar a súa premiada novela ‘Senlleiras’. Este venres estará na librería Bahía, ás 20.30 horas.

O sábado, Teatro do Atlántico presentará ‘Helena: xuízo a unha lurpia‘, sobre Helena de Troia. A partir das 19.30 horas, na casa da cultura.

LOURENZÁ

Continúa o certame de teatro afeccionado de Lourenzá. O sábado, Faro Miño (Chantada) recreará ‘Langreira de Amor‘.

O domingo será a quenda de Os Palimoquiños (Lugo), coa obra ‘Borralliña‘. As dúas representacións comezarán ás 20.00 horas, no salón de actos do consistorio.

MONDOÑEDO

O barrio dos Muíños de Mondoñedo celebra este venres o magosto, desde as 17.00 horas no anfiteatro de Alfar. Daquela comezarán os xogos populares.

A partir das 19.00 horas, haberá castañas e chocolate.

Con motivo do Día Mundial do Patrimonio, a asociación Batitales organiza o domingo, desde as 17.30 horas, unha visita guiada á Praza da Catedral.

Participarán o historiador da arte Roberto Reigosa e o doutor en arqueoloxía Abel Vigo. A actividade é de balde.

MURAS

A Feira do Mel da Montaña de Muras, caracterizado polo gusto do breixo, contará con 15 expositores.

A mostra celebrarase o sábado e o domingo na explanada de Viveiró, ao pé do popular restaurante Casa Cándida.

OUROL

Bravos celebra o magosto este sábado, ás 21.00 horas, con castañas, torresmos e música do dúo Estrellas.

VEGADEO

Dentro das actividades do Foro Comunicación y Escuela, o filólogo Luis Casteleiro Oliveros fará un repaso fotográfico pola historia de Vegadeo. Será o venres, ás 19.00 horas, no auditorio.

VIVEIRO

A compañía La Estampida presenta un espectáculo de teatro contemporáneo, ‘Lo nunca visto‘. Será o sábado, desde as 20.30 horas, no Pastor Díaz. A entrada custa cinco euros.

MES DA MAXIA

Segue o Mes da Maxia da mancomunidade mariñá. Este venres, Kiko e Pi actúan no Rincón do Mis (Foz) e o Mago Teto faino no Mis en Plas (Burela).

O sábado, Teto estará no Cabazo (Ribadeo) e Pi e Jorge no Yenka (Barreiros). Todas as ceas-actuacións comezarán ás 22.00 horas. Podes consultar os detalles aquí.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here