InicioCulturaA Mariña acollerá o primeiro gran festival de música dende o inicio...

A Mariña acollerá o primeiro gran festival de música dende o inicio da pandemia

Trátase do Festival Bal y Gay que programa dous ciclos de música con concertos en sete concellos da Mariña.

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia colabora coa Fundación Bal y Gay para impulsar o festival do mesmo nome, que contempla dous ciclos de música con concertos en sete concellos da Mariña a celebrar neste mes de maio e en agosto. Trátase do primeiro festival de música que se pon en marcha en Galicia dende o comezo da pandemia.

Comezará co ciclo Schubert no Camiño, asociado á Ruta Xacobea e en colaboración coa Schubertiada de Vilabetrán, e nesta primeira entrega levaranse a cabo tres concertos en tres etapas do Camiño do Norte. A primeira destas citas será o 14 de maio e correrá a cargo da pianista Judith Jáuregui, na Basílica de San Martiño (Foz). Na xornada do día 15 actuarán Cuarteto Cosmos e o violonchelista Fernando Arias na igrexa de Santa María, en Vilanova de Lourenzá. O último concerto será o día 16 na Catedral de Mondoñedo co tenor Christoph Prégardien e o pianista Daniel Heide.

Pola súa banda, o ciclo Música á beira do mar celebrarase entre os días 18 e 26 de agosto e inclúe as actuacións de Cuarteto Seikilos (xoves 18 no Pazo do Conde de Fontao de Foz), Cantoría (venres 19 na igrexa de Santiago de Foz), o pianista Javier Perianes (sábado 20 no auditorio Hernán Naval de Ribadeo) e a Orquestra de Cámara do Festival Bal y Gay coa cantaora María Toledo, dirixidos por Jaume Santoja (domingo 21 no auditorio de Mondoñedo).

A programación continuará o martes 24 o guitarrista Pablo Sáinz-Villegas actuará na Fábrica de Sargadelos de Cervo. A continuación, na xornada do mércores 25, actuará Cuarteto Casals na Basílica de San Martiño de Foz. Para pechar a edición deste ano, a Orquestra Sinfónica de Galicia, acompañados por Dima Slobodeniouk, actuará o xoves 26 na Catedral de Mondoñedo.

Presentación do Festival Bal y Gay 2021 / Xunta

CONCERTOS EXTRAORDINARIOS

Ademais, o Bal y Gay 2021 presentará dous concertos extraordinarios. O primeiro deles será do quinteto de metal Hercules Brass, que actuarán os días 22 e 23 en Barreiros e Vilanova de Lourenzá respectivamente. O segundo será a agrupación Puro Gerswin que actuará xunto coa cantante Sheila Blanco, o pianista Federico Lechner e o guitarrista Chema Sáiz o luns 22 en Foz. Ademais, tamén se realizarán concertos familiares con Cantoría os días 21 e 22 en San Cibrao, Ribadeo e Riotorto.

De xeito paralelo aos concertos, a organización do festival ten programados dous ciclos de conferencias: Encontros entre a música e a palabra, con invitados vencellados a música clásica e Descubrindo ás mulleres compositoras. Por último, haberá dous talleres en residencias da terceira idade de Foz e Ribadeo.

PRESENTACIÓN

Este martes tivo lugar a presentación do evento na Delegación Territorial da Xunta en Lugo, coa participación do delegado territorial, Javier Arias, e o presidente e a directora artística da fundación, Enrique Rodríguez e Alba Rodríguez respectivamente.

Arias explicou que o Goberno galego reforzou o seu apoio ao Festival Bal y Gay, ao que destina 33.000 euros en achegas da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, neste caso a través do programa O teu Xacobeo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...