InicioCulturaTeatro de Ningures presenta "O Grocho" no Valadouro este domingo

Teatro de Ningures presenta “O Grocho” no Valadouro este domingo

Este espectáculo, que como de costume no Concello do Valadouro, é de balde e orientado para familias e particulares que na tarde do domingo poden achegarse ata o salón de actos da casa da cultura do Concello do Valadouro.

Publicada o

- Advertisement -

A compañía Teatro de Ningures presentará a súa obra “O Grocho” o 21 de novembro ás 19:00 horas. Esta obra forma parte do programa Outono de Teatro da Delegación de Cultura do Concello de Valadouro.

Este espectáculo, que como de costume no Concello do Valadouro, é de balde e orientado para familias e particulares que na tarde do domingo poden achegarse ata o salón de actos da casa da cultura do Concello do Valadouro.

A obra representa a historia dun pequeno ogro que vive só coa súa nai nunha casa no medio dun tupido bosque, apartado da comunidade. O día en que empeza a ir á escola e ve a outros nenos descobre a súa diferenza, non só no seu tamaño, senón tamén no seu instinto: é o fillo dun ogro que a súa nai amou de forma apaixonada.

O Ogrocho, cos seus seis anos, a súa forza extraordinaria e a súa terrible herdanza, intenta reconcíliarse coa súa parte oculta, dominar os seus instintos nun intento de parecerse aos demáis.. Para elo ten que superar tres probas….

Esta obra está promovida polo programa Falaredes 2021 de dinamización lingüística que fomenta as actividades de lecer no idioma galego e en colaboración coa mancomunidade de municipios da mariña.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...