InicioCulturaCelebración en Viveiro do Día das Letras Galegas durante toda a xornada...

Celebración en Viveiro do Día das Letras Galegas durante toda a xornada deste martes 17 de maio

Ademais, dende o Concello de Viveiro invítase á cidadanía a sumarse á iniciativa “Orgullo de ser”, que propón incorporar pezas do traxe tradicional galego á súa vestimenta ou a vestirse completamente co traxe.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro recorda o seu programa de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas 2022, que este ano se dedica a Florencio Delgado Gurriarán. A programación deste ano abarca dende o 13 ao 22 de maio, mais as actividades centrais serán este martes, o propio día das Letras Galegas.

Así, este martes contará cu!unha ampla axenda de eventos. Ás 12:30, David Bellas, artista e profesor do conservatorio, interpretará o himno de Galicia dende o balcón da Biblioteca Municipal. Ás 13:00 haberá pasarrúas infantil e xuvenil de gaitas de “Bágoas da Terra”, mentres que ás 14:00 será o pasarrúas de “Amigos do folk”.

Ademais, dende o Concello de Viveiro invítase á cidadanía a sumarse á iniciativa “Orgullo de ser”, que propón incorporar pezas do traxe tradicional galego á súa vestimenta ou a vestirse completamente co traxe. Os escaparates dalgúns locais do Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro tamén exhibirán traxes tradicionais galegos, grazas á colaboración de “Bágoas da Terra”.

A xornada pecharase ás 20:30, na Sala do Conservatorio, co “Recital música e letras”, a cargo de Rosa Lage, Víctor Rolle a Lara Fernández. Esta cita contará coa participación dos usuarios de ASPANANE de Viveiro, polo que será un evento que inclúa a persoas con diversidade funcional.

Ademais, o grupo de participación xuvenil do Concello de Viveiro colocou carteis en distintos puntos da vila, nos que se inclúen diferentes frases e refráns en galego, para dar visibilidade á lingua.

Alén das actividades propias do Día das Letras Galegas, este martes a Asociación de Veciños de Campo de Urraca exporá os seus tradicionais maios. Estas estruturas florais celebran a chegada da primavera. O Concello de Viveiro agradece á organización o seu esforzo por preservar esta tradición cultural.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...