Sabela salva a nominación e loitará por un posto na final de OT

O público, cun 64% dos votos, premiou a súa enérxica versión de 'El Cuarto de Tula'

Sabela interpreta 'El Cuarto de Tula'. AXM

A cantante con raíces en Bravos Sabela Ramil continuará en Operación Triunfo (OT) despois de salvar a nominación para abandoar a academia coa que afrontou a gala 11 do programa.

A vocalista galega obtivo o 64% dos votos do público, o que supuxo a eliminación de Marta, a outra concursante nominada.

Sabela elixiu para interpretar na gala un clásico da música cubana, ‘El cuarto de Tula‘, que popularizou o disco ‘Buena Vista Social Club‘.

A pontesa recibiu o aplauso do xurado, que valorou a súa “progresión”, e do público. En Twitter destacaron o ritmo que transmitiu na súa actuación.

FINALISTAS

Natalia e Famous resultaron os primeiros finalistas de OT, elixidos polo xurado e os profesores, respectivamente.

Sabela xogarase con Miki, Alba e Julia dúas prazas na rolda final do concurso.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here