InicioCulturaRecepción ao equipo do programa Gente Viajera de Onda Cero no CENIMA...

Recepción ao equipo do programa Gente Viajera de Onda Cero no CENIMA de Foz

Durante a emisión do programa deron conta de todo o visto e vivido e falaron do patrimonio cultural e natural da Mariña e da súa riqueza gastronómica, onde a pescada de Burela foi a protagonista, xunto ás troitas e os salmóns do río Eo.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña e alcalde de Foz, Fran Cajoto, acompañado polo concelleiro de Turismo focense, Chema Linares, ofreceu unha recepción ao equipo do programa radiofónico Gente Viajera, que dirixe e presenta en Onda Cero a pastoricense Esther Eiros.

No acto, celebrado no Cenima, participou tamén o presidente de AciaFozCCA e da Federación de Comercio A Mariña, José Carlos Paleo, así como os propietarios de Pastelería Anduriña, Moncho Castro e Mari Trigo, que aproveitaron a ocasión para presentarlle ao equipo de Gente Viajera a Sandalia do Peregrino, un exquisito doce elaborado con améndoas, noces, pasas, abelás, piñóns, fariña, manteiga, cabelo de anxo e ovos, entre outros ingredientes.

Esther Eiros e os seus colaboradores trasladáronse despois para A Pontenova desde onde onte, domingo, realizaron o programa Gente Viajera para todo o país. Pola Casa da Cultura pasaron o presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Fran Cajoto, o alcalde de A Pontenova, Darío Campos, a responsable da Área de Turismo da Deputación de Lugo, Pilar García, e o xerente da OPP Burela, Sergio López.

Irene González, Ángel Bermejo e Enrique Domínguez Uceta (colaboradores de Gente Viajera) coñeceron na Pontenova a ruta das Reigadas, os Fornos, a aula de interpretación da pesca, a oficina de turismo (onde puideron ver unha exposición de fotografías antigas (do ano 1904 en diante) a través das que se poden coñecer todos os elementos da explotación mineira cando estaban en funcionamento), e tamén visitaron o complexo histórico recreativo da Mina Conseulo-Boulloso, que inclúe a supertirolina que recrea o trazado do antigo tranvía aéreo. Durante a emisión do programa deron conta de todo o visto e vivido e falaron do patrimonio cultural e natural da Mariña e da súa riqueza gastronómica, onde a pescada de Burela foi a protagonista, xunto ás troitas e os salmóns do río Eo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...