O IES Perdouro participou en Generación Eco, programa de Ecovidrio para fomentar a sustentabilidade

O premio consistiu nun horto, un composteiro e ferramenta axeitada, valorado todo en 2.500 €, que Ecovidrio entregou ao IES Perdouro este luns 27 de xuño.


Durante todo este curso escolar o IES Perdouro participou en Generación Eco, un programa de Ecovidrio, entidade sen ánimo de lucro, co obxectivo de fomentar a sustentabilidade. Esta actividade foi proposta polo profesorado de Bioloxía e Xeoloxía, liderado pola súa xefa de departamento, Charo Fernández Suárez.

O alumnado da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos (máis de 400 alumnos) tiveron que superar nove retos que lles foron propoñendo ao longo do curso nos que se trataba de reducir o uso dos plásticos, evitar o consumismo, aproveitar a comida, reducir o uso dos coches, aforrar auga, evitar envases dun só uso, separar para reciclar e actuar para amortecer o cambio climático. Todos os retos foron superados con éxito. Isto supuxo que o centro logrará o segundo posto a nivel autonómico ao conseguir evitar a emisión de 7.529,16 kg de CO2 á atmosfera e aforrar 2.629,91 litros de auga grazas ás súas actuacións.

O premio consistiu nun horto, un composteiro e ferramenta axeitada, valorado todo en 2.500 €, que Ecovidrio entregou ao IES Perdouro este luns 27 de xuño. Co traballo no horto e a axuda do composteiro, o centro continuará contribuíndo máis aínda á sostibilidade no curso 2022-23.

Na foto aparece o profesorado do departamento de Bioloxía e Xeoloxía: Charo Fernández Suárez, Sol Galdo Sánchez, María José Fernández Vázquez e Fernando Losada Rodríguez, coas mesas de cultivo entregadas por Generación Eco.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesperdouro/node/2232

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here