InicioOrientalRibadeoO Festival de Cine Curto de Ribadeo presenta o seu cartel con...

O Festival de Cine Curto de Ribadeo presenta o seu cartel con oito curtametraxes

A concelleira de Cultura de Ribadeo, Pilar Otero, asegurou que “dende a Concellaría da Cultura sempre apoiamos as iniciativas da xente da zona, e si por riba veñen de man de xente nova pos moito máis".

Publicada o

- Advertisement -

O Festival Cine Curto de Ribadeo Ollo de Boi celebrarase durante os días 10 e 13 de agosto. O evento foi presentado este mércores nas inmediacións do Teatro riabdense e nel presentaranse oito curtametraxes. Desde a organización sinalan que “o público terá un papel moi importante”.

A concelleira de Cultura de Ribadeo, Pilar Otero, asegurou que “dende a Concellaría da Cultura sempre apoiamos as iniciativas da xente da zona, e si por riba veñen de man de xente nova pos moito máis. Alegrámonos de que tomen a iniciativa, de que dean pasos adiante e sempre saben que teñen a nosa porta aberta sempre que esteamos en disposición de poder axudalos. Neste caso non o dubidamos, desde o primeiro momento nos pareceu unha iniciativa moi interesada e estamos encantadísimas de que salga adiante”.

Carme Rodríguez, propulsora da organización do evento, explicou que “o Festival de Cine Curto de Ribadeo Ollo de Boi vai consistir en dúas fases, unha semifinal e unha final, os días 10 de agosto, mércores, nos cines de Ribadeo, e o 13, sábado, será a final aquí no Cine Teatro. Queremos poñer en valor os proxectos audiovisuais da xente, dos creadores e creadoras da Mariña. Temos oito curtametraxes, todas elas feitas por xente da Mariña e dos arredores, da provincia de Lugo e do Occidente de Asturias”. As proxeccións serán ás 20 horas.

Carme Rodríguez anima á xente a acudir ao Festival: “o público terá un papel fundamental que será o de elixir, por unha parte, qué curtametraxes pasan á final, e xa como colofón, qué curtametraxe leva para casa o premio Ollo de Boi. Así que invitamos a todo o público que se achegue, por que vai ser unha experiencia diferente e moi divertida”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...