O cineasta xovense Xacio Baño estrea ‘Trote’ este venres en Viveiro

O realizador mariñao presentará a súa primeira película, un "drama rural" sobre a loita entre instinto e razón

Fotograma de 'Trote'. GC

O cineasta xovense Xacio Baño presentará esta fin de semana nos Multicines de Viveiro -ademais de noutras once cidades galegas e en sete de fóra da comunidade- ‘Trote‘, a súa primeira longametraxe.

Tras pasar polos festivais internacionais de Locarno, en Suíza, e de San Sebastián, ‘Trote’ chega este venres a unha ducia de salas comerciais na lingua na que foi rodada, o galego.

Un “dilema ético” en relación ao eterno debate entre “instinto” e “razón”, exemplificado na relación entre o ser humano e os cabalos, é o eixo central de ‘Trote’.

Trátase, segundo o autor, dun “drama rural” que se escenifica no “ambiente opresivo” dunha aldea do interior de Galicia e que equipara a liberdade aos cabalos salvaxes da Rapa das Bestas.

PRESENTACIÓN

O director presentou este xoves en a película en Santiago de Compostela na compaña do produtor Sergio Frade (Frida Films), de Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e da actriz María Vázquez, que interpreta o papel protagonista.

Podes ler a nova completa en Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here