O mexicano Eliud Gil gaña o concurso de fotografía de Gráficas LAR

Doce imaxes do fotógrafo de Baixa California ilustrarán o Calendario 2019 da imprenta viveirense

'That Wakana Tree'. ELIUD GIL

O mexicano Eliud Gil Samaniego gañou o concurso de fotografía convocado por Gráficas LAR para o seu calendario de 2019.

Gil, natural de Mexicali (Baixa California), foi elixido entre 45 participantes por un xurado integrado polos fotógrafos que ilustraron as seis edicións anteriores do almanaque: Xosé Abad (2010), Xulio Villarino (2011), José López (2012), Eugenio Álvarez (2013), Dani Kxt (2016) e Jaime Pola (2016).

O fotógrafo azteca, que se dedica a quitar imaxes publicitarias, de vodas e natureza, presentou ao concurso instantáneas de Nova Zelanda, México ou Estados Unidos.

Algunhas delas mostran como era a natureza antes da chegada do ser humano.

Tocoume retratar lugares que o home xa transformou. Un exemplo é a ferradura de Arizona, que xa ten un centro de visitantes e barállase cobrar entrada. Para min é importante sensibilizar á xente de coidar o planeta”, expón Gil.

A Ferradura, en Arizona. ELIUD GIL SAMANIEGO

Sobre o seu estilo, o fotógrafo mexicano destaca “o uso da cor. Busco o impacto a través dela, aínda que me gusta respectar as tonalidades orixinais. Procuro a beleza das paisaxes e que o espectador non poda deixar de percorrer a fotografía”, explica.

Para min é unha honra que o que eu fago acompañe ás persoas nas casas de Galicia, aínda que sexa por un ano”, concluíu o gañador.

A gráfica viveirense dispuxo un premio de 300 euros en metálico, cunha petición de doce fotografías por participante sobre a temática das viaxes.

‘Fiestra celestial’. ELIUD GIL

VINDEIRA EDICIÓN

Gráficas LAR xa ten en marcha a edición de 2020 do concurso, na que a temática elixida é o deporte.

Os interesados en participar teñen ata o 30 de xuño de 2019 para enviar as súas doce fotografías a calendario@publilar.esO premio alcanzará os 300 euros.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here