InicioCulturaViveiro reivindicará a curtametraxe no ensino secundario

Viveiro reivindicará a curtametraxe no ensino secundario

O alumnado do Ies Vilar Ponte verá catro curtas que fan reflexionar sobre a suplantación de identidade ou os conflitos familiares

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro celebrará o 21 de decembro o día da curtametraxe en España. As concellerías de educación e xuventude optaron por reivindicar esta arte cos centros de ensino secundario

Así, o goberno local realizará en colaboración co Ies Vilar Ponte dúas proxeccións para o alumnado de primeiro e segundo da Eso.

Rapaces de doce a trece anos poderán ver obras que fan reflexionar sobre a suplantación de identidade nas redes sociais, os conflitos familiares ou a realidade dunha moza nun centro de acollida.

SEIS ANOS DE CELEBRACIÓN

O ‘Día Más Corto‘ celebrouse en España ao longo dos últimos seis anos. Desde o Concello animan aos interesados en crear a súa mostra a que consulten as condicións na web http://eldiamascorto.com.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...