InicioDeportesO Pescados Rubén FSF é campión de inverno e saca tres puntos...

O Pescados Rubén FSF é campión de inverno e saca tres puntos ao Atlético

Goleou (8-1) ao pechacancelas, o Femisport, e aproveitou o empate do Futsi co Alcorcón

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FSF é campión de inverno despois de golear (8-1) ao Femisport Palau, o pechacancelas da Liga Foro 16 Feminismo.

As burelesas rematan a primera volta con 42 puntos de 45 posibles. Só caeron fronte ao Atlético, que queda a tres tantos do conxunto mariñao tras empatar no derbi madrileño co Alcorcón (3-3).

O duelo demostrou a diferenza entre o primeiro e o último clasificado da categoría. No minuto 5, Dany abriu o marcador. Antes, Luci enviara un disparo ao poste e Ana Romero desbaratara unha oportunidade de Vieites.

bea mateos marcou no seu regreso ás pistas tras varios meses lesionada

O cadro burelao aumentou en dous goles a súa renda antes do minuto 10, con tantos obra de Cami e de Lara.

A falta de dous minutos para o descanso, Julio Delgado optou pola porteira-xogadora e Bea Mateos, no seu regreso ás pistas despois dunha lesión padecida na pasada tempada, na final da Copa de España. Pouco despois, Collado fixo en propia porta o 5-0.

A segunda metade tivo pouca historia. Marta marcou o gol da honra do equipo catalán, mentres que Alves, Luci -que anotou o seu sexto tanto en dúas xornadas- e Peque completaron o 8-1 definitivo.

DERBI GALEGO

Na vindeira xornada, o conxunto laranxa recibirá ao Viaxes Amarelle no derbi galego que abrirá a segunda volta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...