InicioDeportesMatamoros e Lucho súmanse ao Burela FS 2018-2019

Matamoros e Lucho súmanse ao Burela FS 2018-2019

O pivote madrileño renova ata 2021 e o peche lucense, que vén do Levante, é a primeira fichaxe

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS do futuro colle forma. O club burelés chegou a un acordo co pivote madrileño Jorge Matamoros, que continuará na entidade ata xuño de 2021. Ademais, a directiva anunciou a primeira fichaxe do vindeiro curso. O peche lucense ‘Lucho’ López García, procedente do Levante UD, vestirá a elástica laranxa.

Matamoros demostrou na eliminatoria do play off polo ascenso á Liga Nacional de Fútbol Sala (LFNS), con dous tantos no encontro decisivo fronte ao Betis, que segue a marcar diferenzas malia unha carreira marcada pola fatalidade. O pivote madrileño tivo que afrontar severas lesións e mesmo un cancro que o apartou das pistas durante varios meses no pasado curso, pero está chamado a ser capital para o Pescados Rubén pola súa capacidade anotadora.

o novo xogador do pescados rubén destaca pola súa experiencia na elite

Lucho, pola súa banda, volve a Galicia despois de dúas tempadas no Levante e outra no Ribera Navarra. O futbolista lucense, ex de Muebles Caloto e Santiago, destaca pola súa intensidade e experiencia na máxima categoría. Ten 29 anos e na pasada campaña xogou 27 partidos en Primeira División, 22 deles como titular. Anotou tres tantos.

RENATO SEGUIRÁ

Estes dous xogadores súmanse ao canteirán Renato Lopes, con contrato en vigor para as tres próximas tempadas. Así pois, o Pescados Rubén Burela FS 2018-2019 conta xa con tres efectivos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...