Coñécense os primeiros surfistas do Illa Pancha Challenge, que se celebrará o mércores

A organización desvelará este martes os horarios do desafío, que será por parellas e congregará a especialistas en grandes ondas de talla mundial

Rematou a espera. O Illa Pancha Challenge celebrarase finalmente este mércores, cando arredor dunha trintena de surfistas de nivel mundial enfrontaranse ao ‘Panchorro‘, unha onda que se espera alcance unha altura de entre 15 e 20 metros.

Segundo explican desde a organización do evento, o prognóstico do tempo será o axeitado durante toda a semana para a formación do tubo que se agarda en Ribadeo.

RECORDMAN MUNDIAL

Este luns seguiron os adestramentos e foron coñecéndose nomes de participantes. Rodrigo Koxa, plusmarquista mundial, Sebastien Steudner, Lucas Chumbo, Ian Concensa, Everaldo Pato, Alemão de Maresias, Axi Muniain, Ross Clarke-Jones, Rafa Tapia, Pierre Rollet, Fred David ou Natxo González confirmaron a súa presenza un desafío que se disputará por parellas.

Este martes, a organización dará a coñecer os horarios das mangas para todos aqueles interesados en asistir ao evento, que se poderá seguir en streaming neste enlace.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here