A pivote internacional brasileira Popó, a proba co Burela FSF

A xogadora, de 21 anos, incorporarase aos adestramentos esta semana e o club decidirá se reforza con ela o bloque na segunda volta

Popó. AXM

A pivote internacional con Brasil Pholyana Caroline Soares Silva, coñecida no fútbol sala como Popó, someterase a un período de proba para valorar a súa posible incorporación ao Pescados Rubén Burela FSF.

Popó, nacida en Lajes no 1997, incorporarase este semana á dinámica de traballo deseñada por Julio Delgado e máis Lucas.

Os técnicos e maila dirección do club valorarán se a xogadora brasileira cumpre cos requisitos para formar parte do bloque laranxa na segunda volta da Liga Foro 16 Feminismo, competición da que o Burela FSF é líder.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here