InicioDeportesRibadeo conta as horas para o Illa Pancha Challenge

Ribadeo conta as horas para o Illa Pancha Challenge

O evento congregará finalmente a 16 surfistas e comezará sobre as nove da mañá do mércores

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo citará este mércores ao surf do planeta no Illa Pancha Challenge. 16 deportistas de nivel mundial tentarán domar ‘O Panchorro‘, unha onda que se espera que supere os dez metros de altura e non por riba dos vinte, como prognosticou a organización nun inicio, dadas as condicións meteorolóxicas.

CANDO COMEZARÁ?

Os surfistas meteranse na auga sobre as 9.00 horas. A competición constará de cuartos de final, semifinais e final. A entrega de premios, no club Náutico de Ribadeo, está prevista para as 18.00 horas. Os horarios son aproximados.

QUE É O ‘PANCHORRO’?

Trátase dunha onda que cobra unha altura especial ao existir na plataforma continental unha elevación que obriga á onda a elevar o seu tamaño. Martín Barreiro explica o fenómeno neste vídeo.

QUEN PARTICIPARÁ?

Algúns dos especialistas agardados no Illa Pancha Challenge causaron baixa, pero a cita congregará igualmente a surfistas de talla mundial. A competición celebrarase por parellas.

Lucas ‘Chumbo’ Chianca -gañador no prestixioso torneo de Nazaré– e Ian Cosenza; Pedro Scooby e Everaldo Pato; Ross Clarke-Jones e Axi Muniain; Rafa Tapia e Alemão de Maresias; Pierre Rollet e Fred David e Natxo González e Adrián Fernández de Valderrama garantiron a súa presenza.

POR ONDE SE PODE SEGUIR?

Poderase seguir en streaming nas plataformas do evento. O Illa Pancha Challenge ten web, Facebook e Instagram.

PARA ACUDIR

A organización advertiu de cortes de tráfico nas inmediacións do evento, con circulación nunha soa dirección. As acreditacións poderanse retirar na entrada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...