InicioDeportesPitero renova co Pescados Rubén Burela FS ata 2021

Pitero renova co Pescados Rubén Burela FS ata 2021

O canteirán, que se recupera dunha pubalxia, marcou seis goles ata o de agora na súa primeira tempada como sénior

Publicada o

- Advertisement -

O canteirán do Pescados Rubén Burela FS Christian Rivas García, ‘Pitero’, vestirá a zamarra do conxunto laranxa ata 2021. O á-pivote (Burela 19/10/1999), internacional coa selección española sub-19, formalizou a súa renovación por dúas tempadas nun acto no que estivo arroupado polo presidente, Manuel Blanco, e o adestrador do primeiro equipo, Juanma Marrube.

IRRUPCIÓN

O 9 laranxa, que vive a súa primeira tempada como sénior, tivo unha aparición determinante no primeiro equipo, con seis tantos en 15 encontros xogados. O xove futbolista mariñao atópase en proceso de recuperación dunha pubalxia, da que evoluciona favorablemente.

“Esta é a miña casa e non podo pedir máis. Antes de acabar a primeira volta, o club xa me trasladou a súa intención de renovación; foi todo moi doado porque ese tamén era o meu desexo”, indicou o xogador, que agradeceu a Marrube “a confianza que me deu“. 

“EXEMPLO” PARA A BASE

Blanco, pola súa banda, destacou a “dedicación” de Pitero, que é “un exemplo para a base. Asumiu o reto lanzado dende o club, deu o paso adiante que lle pedía o adestrador con traballo e implicación. Sen dúbida é unha promesa que ten un gran futuro por diante se continúa nesta liña, con constancia e traballo diario”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...