O Burela FSF xa é oficialmente o único club con convenio do deporte feminino español

A Consellería de Economía, Emprego e Industria ratificou que o acordo se axusta a dereito

Presentación do convenio do Burela FSF. AXM

O Burela FSF converteuse este venres no único club que conta cun convenio colectivo de profesionais do deporte feminino en España.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria ratificou que o acordo se axusta a dereito, completándose o tramite para que quede rexistrado oficialmente.

O acordo entre o Burela, o primeiro equipo e a Asociación de Jugadoras de Fútbol Sala (AJFSF), terá unha validez de dous anos e inclúe seguros de accidente e invalidez e renovación en caso de embarazo.

salario mínimo de 900 euros -cunha suba anual do 2%-, as axudas para a conciliación familiar -garderías, subvención para os libros de texto- ou son outros puntos destacados do convenio, que terá unha duración de dous anos.

ÚNICO EN ESPAÑA

En xaneiro do 2008, o baloncesto español converteuse en pioneiro coa aprobación dun acordo que non durou e que na actualidade carece de validez.

Asociación de Clubs de Fútbol Femenino, que xunta a 14 dos 16 equipos da Primeira División -agás Athlétic Club de Bilbao e FC Barcelona– e os sindicatos negocian a aprobación dun convenio.

CONSULTA

Podes consultar o convenio do Burela FSF neste documento, cedido pola propia entidade. conveniocolectivo18pages-13-41

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here