O Burela FS recupera o liderado antes de recibir ao Betis

Matamoros, con dous tantos, guiou aos de Juanma na pista do pechacancelas, o Tenerife

Os xogadores do Burela FS posan en Tenerife. AXM

O Pescados Rubén Burela FS recuperou o liderado da Segunda División despois de gañar a domicilio ao Dimurol Tenerife (2-4).

Os discípulos de Juanma Marrube aproveitaron a derrota do Betis na casa contra o Santiago Futsal (1-2) e suman coa vitoria 45 puntos, por 42 do cadro andaluz e outros tantos do Manzanares, que gañou na pista do Bisontes Castellón (1-2).

O cadro local enfrontábase ao pechacancelas da división de prata, que se adianou no minuto 7 por medio de Kevin Yañes.

O conxunto mariñao empatou axiña, no minuto 10, por medio de Iago Míguez.  Renato, o propio Míguez e Luisma tiveron o 1-2, que marcou Matamoros ao cuarto de hora. 

O cadro burelao ampliou a renda pouco despois do descanso grazas a Luisma. Joselito e Pope tiveron as mellores oportunidades dos mariñaos para sentenciar o partido.

O equipo tinerfeño conseguiu co xogo de cinco limar diferenzas a dous minutos do final, pero Matamoros non tardou en marcar o 2-4 que deu tranquilidade ao Burela FS.

A VINDEIRA XORNADA, O BETIS

O cadro laranxa recibirá o vindeiro sábado ao Betis (17.00 horas, Vista Alegre) nun encontro que pode ser chave, entre o primeiro e o segundo clasificado da Segunda División.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here