InicioDeportesAdrián Ben acada o bronce nos 1.500 do campionato de España absoluto...

Adrián Ben acada o bronce nos 1.500 do campionato de España absoluto indoor

O corredor viveirense estará no Europeo de pista cuberta de Glasgow, do 1 ao 3 de marzo

Publicada o

- Advertisement -

Adrián Ben volveu demostrar a súa categoría no campionato de España absoluto de pista cuberta, no que se colgou a medalla de bronce na súa especialidade, a proba de 1.500 metros lisos.

O corredor viveirense obtivo deste xeito -agás que a Federación Española de atletismo decida o contrario- un billete para o campionato de Europa absoluto de pista cuberta, que se celebrará na localidade escocesa de Glasgow, do 1 ao tres de marzo.

Ben demostrou na proba indoor, celebrada en Antequera, que malia os seus 20 anos segue entre a elite do ‘milqui’ no Estado de corredores como Abascal, Fermín Cacho ou Reyes Estévez. Á medalla de bronce colleitada no pasado campionato de España ao aire libre, Adrián sumou o mesmo metal en pista cuberta.

CARREIRA

O máis forte en Antequera foi Jesús Gómez, do Nike Running, que xa gañara en Xetafe. O corredor burgalés completou o percorrido nun tempo de 3:41.37. Saúl Ordóñez (New Balance), parou o cronómetro en 3:42.29. Preto estivo Ben, do FC Barcelona, que finalizou a proba en 3 minutos, 42 segundos e 49 centésimas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...