InicioDeportesAdrián Ben, cuarto na súa serie, queda fóra da final do Europeo...

Adrián Ben, cuarto na súa serie, queda fóra da final do Europeo indoor de Glasgow

O corredor viveirense, cun tempo de 3:48.24, deu a cara nun campionato do máis alto nivel

Publicada o

- Advertisement -

Adrián Ben non puido meterse este venres na final dos 1.500 metros listos do Europeo absoluto indoor de Glasgow, despois de ser cuarto na súa serie das semifinais.

O corredor viveirense, que chegaba cunha marca de 3:42.25, competiu na primeira quenda, a do noruegués Filip Ingebrigtsen, un dos grandes favoritos ao título e que foi descalificado por pisar fóra.

Ben fixo o percorrido nun tempo de 3:48.24, que non foi suficiente para acadar unha praza directa. Trala eliminación de Ingebrigtsen, gañou o británico Neil Gourley, con 3:46.63; o segundo foi o xermano Marius Probst, con 3:46.93, mentres que o serbio Elzan Bibic acadou o terceiro posto, parando o cronómetro en 3:47.94.

Despois de competir sen referencias dos cronos dos rivais, ao atleta mariñao aínda lle quedaba a posibilidade de entrar por tempos na última rolda, para a que se clasificaban os dous máis rápidos de cada unha das tres series e os tres mellores resultados, o que non foi posible.

Tampouco sacou billete para a carreira decisiva Saúl Ordóñez, que se lesionou e tivo que abandonar.

SEGUNDA EXPERIENCIA CONTINENTAL

Ben clasificouse na décimo cuarta posición dos 1.500 metros lisos do Europeo, a segunda experiencia en categoría sénior ao máis alto nivel continental -tralo Campionato Europa de Berlín– do corredor mariñao, de 20 anos. Unha cita que de seguro lle serviu para gañar experiencia de cara ao futuro.

JESÚS GÓMEZ, CLASIFICADO

Si se clasificou entre os nove mellores do campionato Jesús Gómez, o campión de España en pista cuberta, cun tempo de 3.47.53 e a segunda praza da súa serie. O burgalés competirá na final o vindeiro domingo (21.05, TDP).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...