Adrián Ben revalida o campionato de España sub-23 de cros

O corredor viveirense impúxose nun gran final ao tamén galego Tariku Novales

Ben e Novales, trala carreira. AXM

O atleta de Viveiro Adrián Ben revalidou este domingo o seu título de campión de España sub-23 de cros.

O corredor viveirense tirou de novo do seu espléndido final e adiantou nos últimos metros ao tamén galego Tariku Novales para cubrir o percorrido, de 10.050 metros, nun tempo de 30 minutos e 44 segundos.

Malia chegar sen apenas preparación en campo a través, despois de participar nos 1.500 metros do campionato de España -no que obtivo o bronce- e do Europeo absoluto de pista cuberta, Ben demostrou de novo que é o gran dominador da competición.

Gañou a proba Mohamed Katir, representante de Murcia que parou o cronómetro en 30:44, pero que non contaba para o título individual. Podes ver a carreira completa neste enlace.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here