InicioDeportesMesma renta, unha xornada menos para o Burela FS tras gañar ao...

Mesma renta, unha xornada menos para o Burela FS tras gañar ao Rivas

Juanfran anotou dous goles na vitoria do cadro mariñao, que saca seis puntos a Betis e Mengíbar

Publicada o

- Advertisement -

O Pescados Rubén Burela FS, líder da Segunda División, gañou ao Rivas (5-2) e mantén a renda de seis puntos sobre Mengíbar e Betis na loita pola única praza de ascenso directo á máxima categoría.

O cadro que adestra Juanma Marrube tivo desde o inicio o mando do encontro. Porto anotou o 1-0 aos 6 segundos de xogo e Juanfran deu vantaxe de novo aos locais no minuto oito, dous despois do empate visitante por medio de Daniel.

Tanto Rivas como Burela tiveron oportunidades para marcar máis goles nun encontro caótico, no que os burelaos careceron da orde doutras tardes, pero co 2-1 chegouse ao descanso.

No segundo tempo, Vargas ampliou a renda dos locais e Daniel limou diferenzas. A tranquilidade do líder non chegou ata o minuto 37, co segundo tanto de Juanfran. Matamoros, sobre a bucina, pechou a conta do conxunto laranxa.

VINDEIRA XORNADA

Só quedan seis xornadas por xogarse na fase regular da Segunda División. A vindeira fin de semana o Burela FS visitará ao Colo Colo Zaragoza, un equipo inmerso na loita por eludir o descenso.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...