Andrés Vilariño racha a estatística e leva a Subida á Pontenova

O vasco é o primeiro campión que repite na proba, que cumpriu a sétima edición con éxito de público

Vilariño, no alto do podio. AXM

Andrés Vilariño foi o campión da sétima edición da Subida á Pontenova, puntuable para o Campionato Galego de Montaña.

Un total de 43 pilotos participaron na cita, que congregou no municipio a centos de afeccionados chegados das catro provincias galegas e das veciñas Asturias e Castela e León.

PRIMEIRO CAMPIÓN QUE REPITE

O piloto vasco, catro veces campión de Europa da especialidade, rachou unha norma non escrita no campionato; ata este ano, ninguén repetira título. O evento contou coa presenza de deportistas como Sergio Vallejo ou Jacobo Sobral.

O presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos, entregou o premio ao gañador. 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here